Da cita ao texto completo. As revistas electrónicas

11122773785_8603e017b0_zCando facemos unha procura nunha base de datos, non sempre atopamos o texto completo do artigo. O máis frecuente é que obteñamos unha referencia bibliográfica do documento e teñamos que buscar o texto por outros camiños. Atoparémolo unicamentoe nos seguintes casos:

1. Bases de datos a texto completo. Como é o caso das bases de datos de lexislación de westlaw (Aranzadi, contrata e internacional) ou a bd de normas UNE, de Aenor.

2. Bases de datos nas que a propia bd, aínda que non é a texto completo, ofrece o enlace directo a artigos que están en libre acceso ou ben a artigos que ofrece a propia base de datos coa subscripción.

Se non 6961051384_5dc494bcc1_zé ningún destos casos, deberemos comprobar se a biblioteca está ou non subscrita a esa revista:

1. En papel, na nosa biblioteca hai 702 revistas, das que 334 non se reciben actualmente. Algunhas delas tamén con acceso electrónico.

2. Ademáis a biblioteca está subscrita a 83 títulos de revista en formato electrónico. E a través de paquetes de revistas electrónica temos acceso a perto de 19.000 títulos máis, dos que máis de 2.000  son de CC da educación, psicoloxía e materias que se imparten na facultade (filosofía, ciencias do deporte, relixión, literatura…).

porticoComo saber se temos o un artigo nunha revista electrónica?
Utilizando o buscador Pórtico, ao que enlazaremos dende a páxina web da biblioteca (no apartado revistas electrónicas. Se estamos nunha bd poderemos enlazar directamente se vemos o icono SFX.
De non estar aquí a buscaremos no catálogo da Biblioteca por se atemos en papel.
Tamén podemos buscar o artigo no buscador científico Google scholar por se estivera en libre acceso, colgado nalgún repositorio institucional.

Se precisamos un artigo e non a atopamos por ningún destes camiños, acudiremos ao servizo de Préstamo interbibliotecario.