Xornadas de formación na xestión da información para alumnado de TFG e TFM

tfgcartacepeqOs días 18 e 25 de novembro, de 12 a 14 horas, terá lugar na aula multimedia da Facultade un curso sobre acceso e xestión da información de ciencias da educación para as/os estudantes do TFG e TFM que o vaian entregar en xaneiro, impartido polo persoal da Biblioteca. No 2015 se realizarán máis sesións para quen o presente en xuño. É necesario asistir os dous días xa que o curso é de 4 horas con apoio a través da plataforma Moodle. Se alguén o quere realizar debe anotarse na Biblioteca.
No curso se tratarán os seguinte puntos:
1. Fontes de información.
2. Interrogar á fonte: a estratexia de busca
3. Creación de alertas bibliográficas
4. Da cita ao texto completo
5. Exportación dos resultados
6. Organizar a información. Xestores bibliográficos: Refworks.
7. Citar e crear bibliografía
8. Evitar o plaxio. Aspectos éticos.
9. Algunhas ferramentas útis: presentacións, infografías, obter imaxes copyleft.
10. Publicación no RUC