Convocatoria ordinaria de avaliación previa á contratación do profesorado polas universidades do SUG

Ata o día 2 de xullo está aberto o prazo para a Convocatoria ordinaria de avaliación previa á contratación do profesorado polas universidades do SUG.
As bases para a puntuación están no protocolo de avaliación e informe para a contratación de profesorado polas universidades integrantes do Sistema Universitario de Galicia.
Nos criterios de puntuación establecense por unha parte as pubntuacións para publicacións científicas indexadas (as que aparecen no JCR, grupos A, B e C, segundo o tercil no que estean) e as publicacións científicas non indexadas (grupo D), que serían todas as demáis. O rango de puntuación por unidade é o mesmo para os grupos A, B e C en conxunto que para o grupo D. Isto quere dicir que se pode ter puntuación alta cunha publicación que non estea no JCR e sí noutras fontes, dependerá da materia e será a comisión avaliadora, especialista na materia, quen vexa cal é a fonte máis axeitada no caso. Todas as publicacións que non estean no JCR pasan a grupo D e despois, na aplicación informática, no capítulo “indicios de calidade” se indicará en que fonte e que índice de impacto ten a mesma.
Ademáis do Factor de Impacto do ISI hai outros indicadores bibliométricos para publicacións científicas que utilizan outras fontes, como é o Scimago Journal Ranking (SJR), que utiliza os datos da base de datos Scopus. As revistas españolas que recolle Scopus están neste enlace.
O índice H, que utiliza o Google sholar e o Google Scholar Metrics. Para revistas científicas españolas, ademáis das fontes internacionais, existen fontes específicas para buscar os índices de impacto e indicos de calidade:
a.     IN-RECS (Ciencias Sociales). Deixou de funcionar, só ata 2012. Para factor de impacto.
b.     CIRC (Clasificación Integrada de Revistas Científicas). Indicios de calidade, divididas en grupos por calidade científica. Esta clasificación é a que utiliza Dialnet.
c. Latindex. Indicios de calidade.
Aquí tedes máis información sobre as fontes máis axeitadas, accesos e unha presentación sobre a avaliación da produción científica.