Curso para realización dun TFG

A Biblioteca impartirá a partir de finais deste mes o curso Habilidades na procura, xestión e comunicación para a realización dun TFG. para o alumnado que estea matriculado no TFG. A primeira edición realizouse no mes de decembro de 2013.
Os obxectivos do curso son:
1. Coñecer os recursos electrónicos aos que ten acceso a UDC

  1. Adquirir destreza na procura de información nos distintos recursos.
  2. Xestionar a información
  3. Evitar o plaxio
  4. Comunicar e publicar

Consultar o temario e horarios para cada Grao.
Prazo e lugar de matrícula
: ata o 21 de febreiro, na biblioteca.
Información con presentacións do curso, bibliografía e ferramentas útis.

Ademáis dos cursos específicos para cada un dos Graos impartidos na Biblioteca da Facultade, dende a Biblioteca Universitaria impartirase un curso xenérico, para todas as especialidades da universidade, tamén de 6 horas de duración, e coa concesión dun crédito de libre configuración: Formación de usuarios e usuarias na Biblioteca Universitaria. Recursos e utilidades para o traballo de grao. Lugar: Campus da Coruña (Elviña), aula 1 do edificio Xoana Capdevielle. Data:19 e 20 de febreiro, de 10.30 a 13.30 h
Prazo de inscrición: entre o 12 e o 19 de febreiro
Máis información no blogue e no facebook da Biblioteca Universitaria.