Convocatoria do procedemento de avalilación externa dos grupos de investigación do catálogo da UDC.

A partir deste ano a UDC externaliza a avaliación dos grupos de investigación, co obxetivo de profesionalizala. A axencia encargada desta avaliación será a ANEP (Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva).
O procedemento de solicitude tamén cambia, terá caracter trianual e afectará non só ao finaciamento en función da produción científica, se non tamén ao finaciamento para obter estadías curtas e asistencia a congresos dos membros do equipo.

Na web da UDC tedes toda a información. Deberán participar na primeira convocatoria todos os grupos de investigación do catálogo da UDC. O prazo será de 10 días lectivos a partir da publicación desta convocatoria.

As listaxes de referencia para os traballos difundidos en publicacións periódicas son as do ISI. Non se teñen en conta as de publicacións españolas como o INRECS.

Web of Knowledge: JCR, Citation Index

JCR

Base de datos do ISI que proporciona un medio “obxetivo” para determinar a relevancia das revistas (Índice de impacto), frecuencia das citas dunha revista, as revistas en que foi citada, etc.
•   Cobertura dende1997. (Do 1989 ao 1997) pódese consultar na web da Universidade de Oviedo

•   Edición Ciencias: 6500 revistas científicas (171 categorías temáticas).

•   Edición Ciencias Sociais: 1900 revistas (55 categorías temáticas).

•   Actualización anual (Xuño/Xullo)

Representa publicacións científicas de 3.300 editores sobre unhas 227 disciplinas.

Avalía as revistas en función do número de citas que éstas reciben e do número de artigos que publican nun período de dous anos.

CITATION INDEX

Disponible a través da plataforma Web of Knowledge, do ISI (Institute for Scientific Information) , Web of Science ofrece acceso mediante web aos índices de citas ISI Citation Index

Documentos: ademáis de artigos podense buscar cartas, correccións, adicións, editoriais ou revisións que apareceron na revista.

Permite búsqueda por referencia citada. Para qué?

 –   Coñecer traballos de colegas

–   Descubrir quén está citando os teus traballos de investigación e cómo inflúen sobre novos proxectos

 –   En qué dirección está progresando a investigación basándose nos estudos anteriores

Guía de uso (Web of Science)

Titorial (Web of Science)

MASTER JOURNAL LIST

Producto do ISI. Inclúe todas as revistas da Web of Science. Permite ver cales son as revistas de maior impacto para publicar nelas e ver se revista cumple cos indicios de calidade.