Inauguración do Recuncho de lectura, da exposición “retrata un libro” e entrega de premio

Hoxe, 20 de maio, ás 13 horas inauguramos o noso novo espazo na Biblioteca, o “Recuncho de lectura”, que pretende ser un lugar de achegamento ás letras, así como unha sala informal e cómoda para ler con tranquilidade, para reconciliarse coa lectura, convidando a ler, pensar e imaxinar, un punto de encontro entre lectoras/es e autoras/es, entre docentes e alumnado para compartir actividades relacionadas coa lectura: coloquios en torno a un libro, lecturas dramatizadas, recitais…

Deixamos aquí algunhas fotos da inauguración.

O acto de inauguración deste espazo enmarcase dentro das actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, e con ese motivo comezamos coa primeira actividade, a exposición de 19 fotografías selecionadas entre as que alumnas/os, docentes e PAS realizaron dentro do noso concurso “Retrata un libro” e que se exhiben nesta sala. Durante o acto farase entrega do premio á persoa gañadora, unha obra do artista galego Oscar Cabana.

QUE É?

  1. Un espazo informal e cómodo para ler con tranquilidad
  2. Un lugar de achegamento do alumnado á lectura
  3. Unha sala de exposicións de obras creadas pola comunidade universitaria para a Biblioteca con motivo da conmemoración dun evento, día internacional ou ben para exhibir mostras de mail art convocadas por nós ou prestadas por outras institucións.
  4. Un punto de encontro entre lectoras/es e autoras/es, entre docentes e alumnado para compartir actividades relacionadas coa lectura: coloquios en torno a un libro, lecturas dramatizadas, recitais…
  5. Un rincón de paz e de achegamento ás letras
  6. Unha zona para reconciliarse coa lectura que convide a ler, pensar e imaxinar.

MOBILIARIO:

  1. Sillóns e mesas
  2. Revisteiros
  3. Estanterías móbiles en cubo

MATERIAL DOCUMENTAL NAS ESTANTERÍAS:

  1. Revistas de divulgación, cultura xeral, boletíns de novas, ou relacionadas co libro e a lectura: Bloc, Boletín Xove, Cerna: revista galega de ecoloxía e meio ambiente, Cuadernos de literatura infantil y juvenil: CLIJ, Fada morgana, GC: Revista de gestión y cultura, Infoxove, Manos Unidas, Paraíso: revista da rede galega de teatros…, Peneira, A, Protexta (Suplemento Tempos Novos), Revista galega de teatro, Tempos novos…
  2. Unha selección de libros que variará no tempo, realizada polo persoal da biblioteca, ou ben, poderá tratarse dunha selección temporal realizada por algún docente com motivo dun traballo co alumnado.
  3. Colección de banda deseñada.