XORNADAS “O LIBRO ELECTRÓNICO: PRESENTE E FUTURO NA BIBLIOTECA E NO ENSINO”

agosto 27th, 2010  |  Publicado en| the_category Sen clasificar

NOVA: sortearanse e-readers entre os asistentes.

Xornadas  "O libro electrónico: presente e futuro na biblioteca e no ensino"

Jornadas "El libro electrónico: presente y futuro en la biblioteca y en la enseñanza"

Sponsors:

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición “A ilustración do libro infantil hoxe”

xuño 2nd, 2010  |  Publicado en| the_category Sen clasificar

A ILUSTRACIÓN DO LIBRO INFANTIL HOXE

 A figura do ilustrador/a de contos infantis foi adquirindo nos últimos anos o protagonismo que lle corresponde, deixando de ser quen unicamente engade algunha imaxe a o conto dun escritor/a para compartir a coautoría do mesmo.

Ata hai pouco era moi frecuente que o editor/a, cando decidia publicar un conto buscara a un artista que o ilustrara. Agora cada vez é mais frecuente que ambos autores se unan e decidan crear unha obra común, o que chamamos un “álbum lustrado”, no que ilustración e texto se unen e funden para dar paso a fermosas obras. Incluso hai ocasións nas que é a ilustración a única protagonista do conto, e son as imaxes as que nos dan a súa lectura (Emigrantes de Shaun Tan). Tamén é cada vez mais habitual que é um mesmo artista o que escribe o texto e fai as ilustracións (Maurice Sendak, Ian Falconer, Rocio Martínez, Leo Lionni, Jimmy Liao, Anthony Brown ou Pepe Carreiro cós Bolechas...).

Hai escritores/as que empatizan con algún/ha artista en particular e viceversa, de modo que é habitual velos traballar xuntos en varias obras, como Teresa Moure e Leandro Lamas ou Roald Dahl e Quentin Blake...

As editoriais tamén se preocupan cada vez mais pola boa factura dos libros, algunhas especialízanse en conto infantil e especialmente no álbum ilustrado como é o caso de Barbara Fiore ou en Galicia Kalandraka, Faktoría K e OQO. Incluso aquelas que non están especializadas neste tipo de xénero crean series para nenos e nenas contando cos mais relevantes ilustradores/as do momento, así por exemplo Mcmillan ten unha importante sección para público infantil, Edelvives con fermosos contos ilustrados por exemplo por Rebeca Dautremer, Xerais coa colección Merlin, A Nosa Terra coa serie dos Bolechas ou a colección Tartaruga de Galaxia.

A poesia infantil vai tendo cada vez mais forza, así temos poesia ilustrada dalguns clásicos do século XX como Miguel Hernández, García Lorca ou Rosalia de Castro, que saen á luz agora xunto con outros de poetas e poetisas actuais como Yolanda Castaño ou Bernardino Graña, com ilustracións de Xosé Tomás ou Anxo Fariña respectivamente.

E tamén a música convive cos contos, creándose agora fermosísimos contos ilustrados aos que acompañan CDs de música, tanto com adaptacións de grandes obras clásica e de óperas, como con composicións creadas especialmente para os mais pequenos/as (colección Musicontos).

Adaptacións dos contos de sempre rexurden con novas ilustracións, como unha fiel adaptación da Cincenta ilustrada por Isabel Forestier publicada por Ediciones B, A Sereíña ilustrada por Max ou a Alicia anotada ilustrada por John Tenniel.

Este auxe da ilustración ten unha boa resposta nos numerosos premios que se convocan cada ano e que dan a coñecer a unha listaxe cada vez mais grande de bos e boas artistas que atopan na ilustración infantil un maravilloso camiño para a súa creatividade. Alguns dos premios mais recoñecidos son: o Premio Nacional de Ilustración, creado no 2008 e que gañou Miquel Calatayud no

2009; o premio Pura e Dora Vázquez, que convoca todos os anos a Diputación de Ourense, e que este ano foi concedido á arousana Nuria Diaz pola obra Palabra era un universo paralelo escrita por Xoán Babarro; ou Premio Internacional Compostela, do Concello de Santiago e Kalandraka, otorgado este ano a Pep Bruno e a ilustradora Mariona Cabassa pola obra “A familia C”. Ademais de moitos outros convocados por editoriais, concellos ou institucións.

Na mostra que hoxe presentamos na Biblioteca hai unha pequena selección de contos ilustrados por alguns das/os mellores ilustradoes/as do momento como son: Ian Falconer, Quentin Blake, Isabelle Forestier, Shaun Tan, Rebeca Dautremer, Pepe Carreiro, Leandro Lamas, Mª Fé Quesada, Maurice Sendak, Ánxeles Ferrer, Federico Fernández, Max, Rocio Martínez, Rosa Osuna, Elena Odriozola, Anthony Browne, Jimmy Liao, John Tenniel, Leo Lionni, Wolf Erlbruch, Manel Cráneo e Aitana Carrasco.

Acompaña á exposición o poema “A estatura do relâmpago” de Ramiro Torres.

A estatura do relámpago

                       Para o Fran, em Xiada, experto em livros e afectos.

Para o Xoán Abeleira, mago da palavra e a doçura.

Para Juana Vázquez e Ana Corral, na biblioteca dos sonhos.
Os dedos descobrem livros

com fome luminosa,

bebem numa cosmologia

até andarem na superfície pura

do universo, como emanações

de uma órbita secreta:

sabem dos estranhos

silêncios dos astros,

nutrem os sentidos desde

uma altura esquecida.

No poema devoram-se

as palavras solares para

orientar-nos na ingravidez:

filhas de energia inabarcável,

executam danças nômades para

nos transportar longe

do que não somos,

até a incipiente terra da procura.

Devemo-nos a este trabalho

de atingir a estatura do relâmpago,

e aprendermos a arte de ver com

todas as vértebras do tempo

abertas, como pálpebras

de uma deusa inextinguida.

 Ramiro Torres, maio de 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Curso semipresencial de Libre configuarción da UDC ofrecido pola Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación

maio 22nd, 2009  |  Publicado en| the_category Sen clasificar

CLAVE DO ÉXITO NOS ESTUDOS‏:
Se queres rentabilizar o teu traballo, invertir menos tempo para acadar mellores resultados e graduarte con éxito, MATRICÚLATE no noso curso de Libre configuración "ACCESO E XESTIÓN DA INFORMACIÓN DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN"

ACCESO A PLATAFORMA MOODLE da UDC.

Onde? --> Na Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación da UDC
Cando? --> Do 19 ao 30 de outubro
Como e cando matricularme? --> Do 8 de xuño ata o 30 de setembro de 2009, na Biblioteca de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña

CONTIDOS

 A globalización económica e cultural, os rápidos cambios tecnolóxicos e o impacto das tecnoloxías da información e comunicación levan a o que hoxe denominamos “Sociedade do coñecemento”. Nesta sociedade do coñecemento a obsolescencia da información é cada vez máis rápida e calquera persoa que desexe manterse ao día sobre unha disciplina debe adicar moito tempo a formarse e informarse sobre os novos coñecementos que se xeneran nela. Estudantes e investigadores precisan hoxe dunha serie de estratexias para poder buscar e seleccionar a información máis relevante e útil para a súa área dvestigación.

No marco o Espazo Europeo de Educación Superior, un dos principais obxetivos da Universidade é o aprendizaxe ao longo da vida, e a Biblioteca, como CRAI (centro de Recursos para a Aprendizaxe) ten como labor alfabetizar en competencias informacionais e habilidades no uso da información á comunidae universitaria.  Para lograr os seus obxetivos de alfabetización de usuarios/as é necesaria a colaboración institucional e a integración desta nos plans de estudos.

  OBXETIVOS

  1.  Complementar a formación dos usuarios/as da nosa Biblioteca universitaria para que adquiran as habilidades informacionais básicas e específicas de cara á mellora do seu rendemento académico.
  2. Servir de soporte para a actividade investigadora coa finalidade de mellorala e adaptala ao novo EEES.
  3. Fomentar a utilización e bo uso dos recursos de información da Biblioteca.
  4. Conseguir que a comunidade universitaria aceda a información de forma máis eficaz e eficiente.
  5. Desarrollar hábitos de investigación nos membros da comunidade universitaria.
  6. Contribuir a xerar un espíritu crítico e de avaliación na selección da información.

  DESTINATARIOS/AS

 Aínda que pode interesar a toda a Comunidade Universitaria (estudantes, PAS e PDI), está máis enfocado a estudantes.

 PROGRAMA (15 h).  SEMIPRESENCIAL

“ACCESO E XESTIÓN DA INFORMACIÓN DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN”

INTRODUCCIÓN:  utilización da plataforma Moodle. 

                                       Presencial, con contidos en Moodle
                                       Exercicio 1: Presentación no foro.

MODULO 1: A Biblioteca, o seu espazo físico e virtual

  1. Dereitos e deberes dos usuarios/as
  2. Nova normativa de préstamo
  3. Documentos que se poden levar en préstamo.
  4. Documentos con características especiais
  5. Préstamo interbibliotecario   
  6. Uso ético da información (Moodle)
    1. Lei de propiedade intelectual
    2. Creative Commons    Presencial, con contidos, lexislación e normativa en Moodle.

MODULO 2: Análise e definición das necesidades de información

  1. Que preciso?
  2. Onde buscar? Selección das fontes
  3. Catálogos de Bibliotecas e catálogo da UDC
  4. Libros electrónicos
  5. Material audiovisual para completar os contidos dunha clase
  6. Como localizar e/ou acceder ás revistas da Biblioteca da UDC. Pórtico e SFX.
  7.  Bases de datos.
  8. Como facer unha procura bibliográfica?Presencial. Os contidos tamén accesibles en Moodle.
    Exercicio 2 en Moodle: Procura no catálogo. Entregar antes do 30

MÓDULO 3: Acceso á información

  1. Bases de datos: CSIC, ERIC ou PSYCInfo, Web of Knowledge    
  2. Creación de alertas bibliográficas: emai, RSS
  3. Foros, listas de distribución e comunidades ning  

Presencial. Os contidos tamén accesibles en Moodle.
Exercicio 3 en Moodle: Procura bibliográfica. Entregar antes do 30

 

        MÓDULO 4: Avaliación da producción científica: (carácter voluntario)

  1. Normativa vixente (CNEAI e UDC)
  2. Índices SCI e H
  3. Bases de datos principais (Bases de datos do ISI –SSCI, JCR- IN-RECS, Scimago)Moodle.
     

MODULO 5: Organización e presentación da información:

  1. Xestores de referencias bibliográficas: Refworks
  2. Onde publicar un traballo científico?: Repositorios dixitais
  3. Ferramentas dinámicas: web 2.0.    

Presencial. Os contidos tamén accesibles en Moodle.
Exercicio 4 en Moodle: Crear unha bibliografía a partir dunha procura bibliográfica. Entregar antes do 9 de novembro
Exercico 5: foro final      

MÓDULO 6: Avaliación da información: (carácter voluntario)

  1. Selección de recursos en internet.
  2. Criterios para avaliar un recurso

MÓDULO 7: Antes de comezar unha tese…  (carácter voluntario)

  1. Consultar normativa vixente
  2. Saber se existe algunha tese publicada sobre o tema
  3. Buscar información sobre a materia
  4. Elaborar a bibliografía e citas
  5. Onde publicala?Moodle.

 As sesións de formación serán en parte presenciais e en parte a distancia, utilizando ferramentas de e-learning para a realización dalgunhas das prácticas e para complementar os contidos.

Durante todo o tempo que dure o curso a información, as presentacións e tutoriais estarán accesibles en línea para todos os alumnos/as, de xeito que podan consultalos dende calquera lugar. Tamén estará disponible o Chat da Biblioteca nun horario amplio para poder comunicarse con calquera dos profesionais que impartan o curso.

 Necesaria a asistencia para obter o título.

 

 RECURSOS HUMANOS

 A formación será impartida pola dirección e o persoal axudante da Biblioteca, que formarán un equipo de traballo coa finalidade de que exista coordinación en todo momento.

 DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN

 O curso realizarase entre os días 19 e 30 de outubro, con dúas fases, 10 horas presenciais, os días 19, 23, 26 e 30 de 10 a 12.30, e 5 horas a distancia, con liberdade de horario utilizando a plataforma de e-learning. O número de sesións estará suxeta á demanda, pudiendo realizarse máis de unha se hai alumnos/as suficientes.

 Será necesario un mínimo de 7 alumnos/as para a realización do mesmo ata un máximo de 30.

 O curso impartirase na aula de MIDE da Facultade de Ciencias da Educación no andar -2.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google